O NOSO EQUIPO
APOSTAMOS POLO FUTURO
Traballamos por un dobre obxectivo: formar deportistas desde que dan os seus primeiros pasos nunha cancha de futsal, acompañándoos no seu crecemento deportivo para que algún día poidan formar parte do primeiro equipo. Pero tamén queremos axudar a formar persoas, a través dos valores da práctica deportiva: a disciplina, o respecto, o traballo en equipo, a solidariedade ou a superación persoal.
Temos equipos nas categorías: Biberón, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil e o noso primeiro equipo que actualmente milita na Terceira División do Fútbol Sala Nacional.
Se queres saber máis acerca de nós ou che interesa formar parte da nosa familia